O C.D. Arenteiro contará con 300 entradas para os socios para o encontro fronte ao Deportivo

O C.D. Arenteiro contará con 300 entradas para desfrutar do encontro entre o club carballiñés e o Deportivo da Coruña, que terá lugar o domingo 28 de abril en Riazor. Poderanse solicitar desde mañá mércores día 17 ata o sábado 20 de abril, en horario de 10h a 13h e de 17,30h a 20h na oficina de Rosalia de Castro nº16 cedida por Cer&Ber.

Cada socio pode retirar unha soa entrada. O procedemento será de pago anticipado a prezo único de 30€. As entradas son nominativas, deberase presentar o carné de socio/a e serán enviadas a email ou móvil a partir do martes 23 de abril.

AVANTAR ACTIVIDADES