Taboada marca o comezo do campeonato Xunta de Galicia de montaña

O Campionato Xunta de Galicia de Montaña retorna a actividade esta fin de semana coa celebración da Subida A Taboada, os días 27 e 28 de abril.

A cita lucense, que a pasada tempada retornou ao certame, inicia un periplo de sete probas puntables sen novidades, o que confirma a estabilidade do mesmo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Si hai novidades na lista de inscritos, con varios cambios importantes nos vehículos a utilizar e a confirmación e asentamento do Performance Factor, un metodo de medición de prestacións que logo dun ano de adaptación xa está plenamente asentado no certame autonómico. Nesta proba de apertura serán 59 equipos os que tomarán a saida, nun aumento de participantes con respecto a pasada edición.

En canto ao programa horario da proba, o formato será o mesmo do ano pasado, con tres mangas o sábado (1 de adestramentos e 2 oficiais) e outras tres o domingo (1 adestramentos e 2 oficiais).

As verificacións comezarán de maneira voluntaria na tarde do venres, entre as 19:00 horas e as 22:00 horas, continuando o sábado dende as 08:15 horas na Praza Riazón de Taboada.

A competición comezará o sábado ás 14:00 horas, mentres que para o domingo o programa horario o marca para as 08:30 horas.

A entrega de premios realizarase xusto ao rematar a última das mangas do domingo na praza de Riazón de Taboada.