O campionato Xunta de Galicia de autocross comeza en o Castro

Jacobo Senín, aos mandos da súa habitual Nova 01 Proto, rematou a primeira xornada da Subida a Taboada como líder indiscutible da clasificación xeral da Subida a Taboada, primeira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Montaña que se celebra durante esta fin de semana na vila lucense.

Senín, actual campión galego, non só marcou a pauta durante as dúas primeiras mangas oficiais, tamén rexistrou o récord da rampa lucense en dúas ocasións, rebaixandoo primeiro na manga oficial inicial e facendo o propio na segunda, o que demostra o espectacular ritmo do piloto da Escudería Estradense.

AVANTAR ACTIVIDADES

No segundo posto da clasificación provisional situouse o pontevedrés Alexis Vieitez, no Fórmula Dicode. Completa o podio provisional desta primeira proba do Campionato Xunta de Galicia de Montaña, Jesús Pombo, no espectacular Fórmula Tatuus.

Entre os carcross, dominio de Alfonso “Pisko” Ventín, por diante de Adrián Pereira e Abrahán Vázquez.

Na categoría de carrozados, debut prometedor para Javier Carballo, que foi mellorando progresivamente os seus cronos durante a tarde para rematar no primeiro lugar provisional por diante de Jorge Pérez e Manuel Senra, ambos sobre monturas que non son habituais neles, como son o Hyundai I20 R5 e o Ford Fiesta WRC.

Entre os participantes do Desafío Kumho Montaña, primeira plaza para Manuel Rigueira no Peugeot 208.

A actividade continuará este domingo coa celebración da manga de adestramentos e as dúas oficiais restantes.