Xulio Dobarro: “Celebración da festividade de San Marcos no Concieiro-Corneda-O Irixo “

Xulio Dobarro Ferradás.  Profesor xubilado e veciño do Irixo


AVANTAR ACTIVIDADES

 Foi este sábado, 27 de abril, cando se celebrou a festividade na honra do evanxelista San Marcos, aínda que no santoral conste o día vinte e cinco como o día propio.

 O día amañeceu xiadeiro, gris e morriñento a causa das choivas intermitentes ao longo da mañá. Como xa na edición anterior do 2023 veciños da parroquia e de fóra acoden puntualmente á cita como vén sendo costume, aínda que cada ano que pasa o baleirado dalgúns lugares é máis evidente. A Galicia baleirada e o concello do Irixo sofren este andazo, case de xeito irreparable.

As imaxes que procesionaron foron a de San Mauro e a de San Marcos, aínda que como todos saben o patrón da parroquia é o Seños Santiago apóstol e como copadroa a virxe das Dores. O Santiago apóstol está presente na espadana da capela porque, ademais de ser o patrón, o antigo Camiño Real e cara Santiago abeira unha parte da parroquia e transita por diante daquela. A todo isto, recentemente se ten incorporado a identificación dos lugares polos que discorre o trazado do Camiño Nós, que, no ano Santo de 1926 realizaran os membros da Xeración Nós -fundamentalmente ourensáns-  entre Ourense e Santiago. Con respecto a este camiño de pelegrinaxe cultural, despois de deixar o concello do Carballiño á altura da Insua dos Poetas, cruza A ponte do Eixán en Corneda, entre na Pedriña de Baixo (antigo Eixán), para achegarse ata o “ben chamado”“O Concieiro” -dicimos ben chamado, porque como terá observado o sempre amable lector, na senaléctica, figuran diferentes versións: Couciero, Cuncieiro, que, en todo caso o topónimo debe ir sempre acompañado do artigo “O”. Os ilustres camiñantes ao seu paso pola parroquia de Corneda fan mención da barroca igrexa parroquial, e do castro Pedroso na estrema co monte de Santiso, alá por onde chaman tamén Monte de Ollos, que como recollen algúns documentos -Catastro de Ensenada-  estaba habitado ao redor de 1753 por dous veciños e contaba cunha taberna. A esa altura a parroquia de Corneda mantiña unha certa autonomía porque era un couto que non estaba incluído en ningunha das dúas xurisdicións ás que pertencían todas as demais parroquias do concello actual do Irixo: a de Orcellón do conde Monterrei e a da Encomenda de san Xoán de Xerusalén de Pazos de Arenteiro.

Como toda festividade que se prece non podía faltar a misa cantada ofrecida polo párroco actual para dez das parroquias do Irixo, don Miguel Salas, así como o acompañamento musical d´Os Galeguiños que, no momento da consagración, interpretaron o Himno Galego, ademais do acompañamento da procesión polo lugar, e unha despedida festiva con máis alegría para poder moveren os seus corpos os maís dos asistentes ao ritmo da música.

  Debemos recoñecer que estas celebracións “menores”, ademais da do Concieiro, como poden ser a de Fátima na Ponte, a de Lourdes en Orros, a de San Roque na Esfarrapa,  a da Candeloria na Ermida do Fondo, a de San Bertolameu en Segade ou a de Santo Antón no Tellado, e como non a da Pena da Sela, todas elas con capela propia non sería posible sen a colaboración desinteresada das persoas destes lugares nos que se ubican, cando malamente se poden ir mantendo as patronais, e que na maioría dos casos presentan ameaza de ruína se non se bota man delas.

 Neste caso, especialmente, temos que agradecerlle a  Juan Manuel da Pedriña, o seu traballo polifacético, porque tanto organiza e implica o vecindario como participa dos actos litúrxicos.

 Que o seu traballo sirva de exemplo para que estas tradicións, tanto no profano como no relixioso se sigan mantendo vivas e florecentes.

Mouteira que marca o inicio do  Camiño NÓS no Irixo-A Ponte do Eixán (Corneda).

Xulio Dobarro Ferradás. O Irixo, 29 de abril de 2024.


Outros artigos de Xulio Dobarro

Xulio Dobarro: “O Irixo. Na estrema do Pico Seco. lembranzas e presentes “

Xulio Dobarro: “O Irixo: Parada de Labiote, Basilio Álvarez e San Bertolameu”

Xulio Dobarro: “O Irixo: xúbilo dos “guillotes” ou riadaguenses. A garda civil restitúe o ladroízo, coincidindo coa festa do San Lourenzo”

Xulio Dobarro:”O Irixo-Corneda : festas na honra da “Santísima Virxe das Dores” e outras devocións”

Xulio Dobarro: “O Instituto de Estudios Carballiñeses na cimeira das publicacións en lingua galega en Galicia”

Xulio Dobarro: “O Tellado (parroquia de Cusanca, O Irixo) feira bicentenaria”

Xulio Dobarro: “A Pena da Sela, romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín)

Xulio Dobarro: “O Irixo : as pegadas dos ferrocarrís”

Xulio Dobarro: “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro-Corneda e outras ermidas”

Xulio Dobarro: “O Irixo: Cangues (Santo Estevo), parroquia cativa, pero senlleira “

Xulio Dobarro: ” O Irixo. Patrimonio Mineral “

Xulio Dobarro. O Irixo : Froufe: das raíces en Cebral,Toro na Alén e Cotela en Parteme

Xulio Dobarro. O Irixo: Francisco Ferradás da Pena, ágrafo, mais, filántropo-promotor da primeira escola do concello (1828)

Xulio Dobarro: “O Irixo, miscelánea sobre patrimonio inmaterial”

Xulio Dobarro: ” O Irixo: Requiem por un patrimonio morredizo”

Xulio Dobarro: ” O Irixo: O ano do Bosque “

Xulio Dobarro: ” Reloxos de sol, cruceiros e inscricións varias no Irixo “

Xulio Dobarro: U-los castros do Irixo?

Xulio Dobarro: Escolma artesanal-Oficios varios III

Xulio Dobarro: Escolma artesanal II

Xulio Dobarro: Outono de vida e morte

Xulio Dobarro: Escolma artesanal

Xulio Dobarro. O Irixo: A Pena da Sela plató de “Carballeira” -Tvg: fusión de tradición e modernidade.

Xulio Dobarro. “O Irixo: “trabucos” e “remesas” sen retorno”

Xulio Dobarro: “O Irixo: augas, fontes e seca “

Xulio Dobarro: “O Irixo: auga e lume confrontados. tradición (culta) e popular”

Crónica de Xulio Dobarro: O monte de Saavedra (o Irixo):”o Penedo dos Corvos”: un ben cultural e natural calcinado

Ao pé do Viñao (o Irixo) e o Arenteiro

Carmen Conde Abellán, afectos e saudades galegos (Dadín-O Irixo)

O Tellado (parroqia de Cusanca, O Irixo) Feira bicentenaria

A Pena da Sela, Romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín )

O Irixo-Dadín, berce da poeta Carmen Conde Abellán, mártir, heroína e primeira muller en sentar na R.A.E.

O Irixo: Corneda castrexa,señorial e dona de seu

O Irixo. maio florido, maio festivo :da Fátima ao Tellado

O Irixo: a Fraga-San Cosme de Cusanca plató de cine de…

O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” II

O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” I

O Irixo: ” Un vindeover no cadabullo ( I ) “

O Irixo, escaparate centenario da emigración

O Irixo: construcións adxectivas ou complementarias da casa vivenda e outras obras (IV)

O Irixo: Construcións do pagán ao Sagrado: Igrexa, Capela,Reitoral, Cruceiro…(III parte).

O Irixo: A casa-vivenda e a nosa contorna. Construción tradicional (II parte)

O Irixo: A terra dos mil cincocentos hórreos, muíños e fornos. Construcións Tradicionais (I)

O Irixo, unha inmensa fraga, fonte de osíxeno e depósito de dióxido de carbono

O Irixo: dous camiños de ferro “paralelos”.”crónica dunha morte anunciada”

Xulio Dobarro: “Penedo da Ucha – Crónica”

Xulio Dobarro fai a crónica da andaina solidaria “Camiña pola Igualdade” que tivo lugar este sábado no Irixo

O Irixo: andaina :”Camiña pola Igualdade”. roteiro: “O Campo Grande”

Jesús González González (Saavedra-O Irixo,1917; Señorín-O Carballiño,1996).Mestre Canteiro-Escultor

O Irixo: Saavedra de Dadín Introito ” Entre Maus”

O Irixo: alcaldes en democracia (1979-2021)

O Irixo: A feira do Tellado. Unha feira

O Irixo: Ramo lírico ( III )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( II )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( I )

O Irixo – San Pedro de Dadín: Romaría da Pena da Sela

O Irixo: parroquia a parroquia (XII): O Regueiro

O Irixo: parroquia a parroquia (XI): Reádigos

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (II)

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (I)

O Irixo: Parroquia a Parroquia (X): Parada de Labiote

O Irixo: Parroquia a Parroquia (IX): Loureiro.

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VIII): Froufe. Do Solleiro Subirol ao Avesío Cebral

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VII) (A Espiñeira ): ”Na Estrema”

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VI)(Dadín): ”Entre Vías”

O Irixo. Parroquia a Parroquia (V) : Cusanca, Terra de fronteira

O Irixo. Parroquia a Parroquia(IV): Corneda

O Irixo. Parroquia a Parroquia(III): A CIDÁ

O Irixo. Parroquia a Parroquia(ii): Cangues

O Irixo. Parroquia a Parroquia(i): O Campo

O Carballiño-O Irixo ou “Camiño Nós” “no camiño de San-Yago”: presentación e segunda etapa

Na chegada ao Irixo da primeira locomotora .ano 1958

Inauguración da liña do ferrocarril O Carballiño-O Irixo-Santiago

Sobre apelidos e topónimos no concello do Irixo

Microtoponimia ou nomes dalgúns eidos na parroquia de Dadín (O Irixo)

Proposta de normalización da toponimia das parroquias e lugares do Irixo

De Santo Estevo de Ribas de Sil con Emilio Duro Peña a María Oruña con o “Souto dos catro ventos”.


VIDEO SPOT O IRIXO en BADAL TV