O Carballiño convértese no epicentro das artes marciais co campionato de Hapkido

O pavillón Paco Chao do Carballiño volveu a converterse no epicentro do mundo do deporte acollendo o Campionato Galego de Hapkido o pasado sábado. As artes marciais son un deporte que nesta vila conta cun gran número de adeptos, e nesta xornada quedou demostrado unha vez máis.

O campionato foi de modalidade técnica en formato exhibición. En total, pasaron polo tapiz 150 participantes de toda Galicia procedente de sete escolas, todos uns profesionais nesta disciplina. Dende a súa organización buscan poñer aínda máis o foco no Carballiño nesta disciplina e están satisfeitos de que puidese celebrarse neste municipio, buscando os aportes destas exhibicións para os mozos.

AVANTAR ACTIVIDADES