Felipe Senén: “San Cibrao, o santo dos meigallos, os feitizos e os tesouros dos mouros”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Imaxe da portada: Maqueta do San Cibrao 1960 (Realizada por Aldrey para a imaxe da Veracruz)

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Por Felipe-Senén

(Historiador da Cultura Galega)

A Galiza sóbranlle santos e devocións, os autóctonos, os que nin está na nómina da Corte Celestial e os importados. Proba da súa rica cultura. E mesmo ás veces e por xustificados motivos confundimos aos do mesmo nome, tal como pasa con San Martiño de Tours (316-397) co seu homónimo os dous naturais da Panonia húngara, San Martiño de Dume ou de Braga ( 510-580?) ambos sobranceiros soldados romanos, preocupados por unha mesma causa, a cristianización das tradicións céltica, o de Tours en terras de galos e o de Dume na Gallaecia, precisamente este traendo a estes confíns, a Ourense, as reliquias do de Tours. Tocará falar deles o día 11 de novembro, celebración da a súa onomástica e tempo dos magostos, asando as castañas e brindando co viño novo. Ben o saben en Ourense, onde ambos santos son celebrados.

San Cibrao Mago (Debuxo F. Senén) (2)

E ben o sabemos tamén os do Carballiño e en moitos lugares de Galiza, que entrados en setembro, nos tempo das vendimas e das feiras que nos preparan para o outono celebramos a un dos santos mais celebrados nestes confíns  cualificados de “máxicos”: o San Cibrao, e case aquece dicir, deseguido, “meigas fora” por aquelo de ser santo e devoción que ten que ver coas maxias e os tesouros. Sendo tamén certo que hai confusión con dous santos de nome Cibrao, Cibrán ou Ciprián, ambos do século III: o San Cibrao de Antioquía de Pisidia, no que hoxe é Turquía, moi venerado e representado nas iconas da igrexa ortodoxa, máis na Siria e na Etíope, tan propensa a rituais, misterios e maxias entre escuridades, cirios, pratas, cortinas e incensos. Santo de Antioquía, namoradizo sobre todo de Xustina, coa que se vencella como santos. O outro San Cibrao da confusión e o de Cartago , Tascio Cecilio Cibrao, de Cartago, africano pois, descendente de bereberes, distinguido clérigo,  escritor, bo orador, home rico que doa os seus bens aos probes, bispo de Cartago, mártir decapitado en tempos de Valeriano e santo. Os dous viviron tempos onde o cristianismo se está conformando, atoutiñando entre grupos heréticos que tratan de conciliar a nova relixión con antigos cultos pagáns. O de Cartago considerado entre os doutos santos padres da igrexa, apoloxista, cualificado como Santo da Romanidade. As noticias e exemplaridade do santo de Cartago chegan á Gallaecia e mesmo mantivo contactos epistolares coas comunidades de eremitas do Bierzo, do Val do Silencio.

No século entre o século VIII e inicios do IX, – a un tempo que se espalla que as reliquias de Santiago están en Compostela e se inicia a peregrinación – Carlomagno,  ansioso de afianzar o seu sacro imperio romano-xermánico entre reliquias de santos, trouxo a Francia e repartiu por en LionArlésVeneciaCompiegne e Roenay as reliquias do santo teólogo de Cartago  e como tal se representa na súa iconografía. Ben o sabemos os que o temos de patrón no Carballiño, presidindo altares, cuberto coa dalmática vermella, sobre a que cae o palio, cabeza cuberta de mitra, con báculo na man dereita e libro na esquerda…

O namoradeiro San Cibrao de Antioquía, ao que se lle atribúe o popular libro de feitizos

Non é o devandito San Cibrao de Cartago, o que  celebramos cada 16de setembro, o que nos trae aquí, pese a levar a mellor parte e atribuírselle méritos que non ten, por confundirse co San Cibrao de Antioquía, coñecido tamén como San Cibrao o Mago, pola contra celebrado días despois, cada 26 de setembro. Confusión entre santo Cibrao patente nas súas mesmas biografías, as que nos chegan da man do santo teólogo Gregorio Nacianceno (329-389), así como de San Prudencio e Simeón Metafraste. Ao San Cibrao de Antioquía, como mago que era, atribúense remedios para desfacer feitizos, para entrar nas sombras dos espíritos do Trasmundo, para esconxurar e exorcisar demos… autor pois dun grimorio, un libro de maxia moi espallado, o “Libro de San Cibrao” ou o “Ciprianillo”, ben coñecido, copiado e usado no mundo popular galego até os meus tempos. Páxinas ben sabidas de un Vicente Risco teósofo.

Demo, debuxo F.Senén 1982

San Cibrao de Antioquía é máis novo que o de Cartago, vive a segunda metade do século III e tamén lle toca lidar coas persecucións romanas, as máis atroces, as de Diocleciano, sendo martirizado xunto coa súa inseparable compañeira Xustina. Santo ben acaído neste confín tan de herdos célticos, en cavilar unha ascese entre monstros de fondos aceánicos , de covas e de bosques, seres híbridos. País dado a imaxinar anxos e mais aínda demos, a representalos en canicelos, misericordias gárgolas, mesmo a construír templos para exorcisalos, véxase o Corpiño de Lalín, a Lanzada, O Pico Sacro… Santo Cibrao de Antioquía que se equipara cun Fausto, o que vende a súa alma ao Diaño a fin do saber de entrar en terreos e poderes escuros.

Nome de Cibrao asociado coa procedencia da illa de Chipre, na que a relixión pagán grega sitúa o nacemento de Venus Afrodita, a deusa do amor…simbolismo extractado na nacarada cuncha da vieira, cóncava-convexa, de radios diverxentes e converxentes… asociada ao camiño oriente-occidente, vida-morte, á peregrinación a Compostela. Así pois Cibrao o Mago foi rapaz formado no mundo sacro-profano grego: de neno consagrado polos pais a Apolo, despois a Démeter e Persefone. Interesado polos cultos de raíz oriental,  subterráneos, mitraicos, seguramente a Serapis….lector de viaxes, xeografías e saberes que caracterizaron o mundo grecolatino, os que centurias atrás irradiaron dende Alexandría, tal como as obras de Plinio, xeógrafo que poido coñecer as explotación auríferas da Gallaecia e que morre, vítima da súa curiosidade no ano 79, observando a explosión do volcán Vesubio.

Demo Risquiano

  Cibrao poido ser instruído en astroloxía no país dos caldeos e en Exipto…existindo tamén a lenda que chegou á Gallaecia, a Salamanca… E poida que mesmo haxa a confusión con outro mago, que si non foi Cibrao, foi Priscliano que impartiría misión en Avila . Mais a vida daquel profundador do oculto asóciase a unha cova en Antioquía, onde escribe o seu libro máxico. Escenarios onde o namoradeiro santo sinte atracción por Elvira e Clotilde, ambiente sexual no que acontece a historia dun triángulo amoroso: o mozo Aglas pídelle ao mago que, cos seus feitizos  medie para lograr o amor da cristián  Xustina. Cibrao, ao vela, namórase e prefírea para si, sen conseguir o seu  amor…Finalmente os dous namorados convértese ao cristianismo. Cibrao seguiu ao bispo Eusebio, predicando que os deuses pagáns e que o emperador divinizado eran demos. Na Capadocia Xustina e Cibrao foron esfolados polos sacerdotes de Marte e cocidos nunha caldeira, milagrosamente saen  ilesos. Finalmente Diocleciano ordea decapitalos, xunto a Teoctiso que acudiu a auxilialos…as súas reliquias foron levadas á basílica romana de san Juan de Letrán.

Santo Cibrao de Antioquía, venerado na igrexa da Cova de Salamanca e en San Pedro de Tomeza, terra de sagas de canteiros arxinas, no camiño portugués a Compostela. Vida, milagres e obra do San Cibrao coñecidos pola emperatriz romana Elia Eudocia, esposa de Teodosio II, a que escribe unha epopea sobre a vida do mago. A sona do santo Cibrao medra e con ela a súa devoción e receitarios de maxia, perseguida pola Inquisición. Calderón de la Barca, inspirado no tema, no 1637 escribe “El Mágico Prodigioso”. Mesmo na Coruña a mediados do século XIX, Adolfo Ojarak edita un listado de tesouros dos mouros que se engadirán ao grimorio atribuído ao santo.

De igual xeito baixo a suposta autoría de Cyprianus recóllense en Escandinavia libros de feitizos, remedios, similar ao que ocorre por toda Galiza no século XVIII e XIX.  Libro no que se inventa a historia do mártir, pergameos que se di aparece na Torre do Tombo, referenciado xa dende o século XIII. Ademais con capítulos sobre astroloxía, agoiros, quiromancia, poderes ocultos, maxia, amuletos, fitoterapia e beberaxes, oracións…Paxinas copiadas, manuscritas, editadas e moito en Portugal, onde cada un pode sumar feitizos. Libro ao que se habituaron amigos do o escuro, buscatesouros que remataron toleando, quixotes do fantástico.

______________________________________________________________________

—————————————————————————————————

Traxectoria e obras de Felipe Senén

Felipe Senén (Foto Xurxo Lobato)

—————————————————————————————————

Outros ártigos de Felipe Senén:

Felipe Senén: “Moncho Fuentes: fotos singulares do común e con banda sonora country”

Felipe Senén: “Vellas lembrazas dos Felos de Garabás”

Felipe Senén: “Meigas e magos “de saco ao lombo” na tradición celto-cristián e no Nadal de Galiza”

Felipe Senén: “Algunhas sagas e ilustres nomes de alarifes do Carballiño que rescata Montes Marqués”

Felipe Senén: “Os alarifes, as familias que crearon o Carballiño, libro necesario de Montes Marqués”

Felipe Senén: “Os programas de man das Festas Maiores do Carballiño”

Felipe Senén: “Algo sobre a emigración do Carballiño para o mundo”

Felipe Senén: “O Folión, os foguetes e os fogueteiros do Carballiño”

Felipe Senén:”Os eidos que abeiran o vello camiño das orixes, o de Flores a Señorín”

Felipe Senén:”Míticas curvas e reviravoltas nos vellos camiños do Carballiño”

Felipe Senén:”Miguel Anxo Fernández, o Carballiño e a súa aura como escritor e cinéfilo”

Felipe Senén:”O Carballiño e o reloxo de cuco do Balneario nas viaxes do escritor Alfonso Armada”

Felipe Senén:”A científica María Teresa Miras Portugal sempre na memoria do seu Carballiño”

Felipe Senén: Carlos A. Rodriguez e a súa novela sobre o galego “rei dos xíbaros”

Felipe Senén: “Xesús Carballido. Esoutra arte ou poética de argallar, pegar ou coser memoria”

Felipe Senén: “o Casino do Carballiño , a súa Festa da Mimosa e algo máis”

Felipe Senén: “Contos, medos, amuletos e santuarios das xentes do camiño”

Felipe Senén: “Felipe Senén: “A Rosa, a flor de Flores””

Felipe Senén: “A nobreza e os pazos dos arredores do Carballiño”

Felipe Senén: “O pasado e a base da Biblioteca Municipal do Carballiño”

Felipe Senén: “O profesor Xaime Ferreiro Alemparte: un universo literario entre Cabanelas e Alemaña”

Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo nas lembranzas do Carballiño

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Felipe Senén: “O Tempo de Defuntos no pétreo barco do Cemiterio de Señorín “

Felipe Senén:”as decimonónicas fábricas de papel das terras do Arenteiro”

Felipe Senén: ” Algunhas lembranzas arredor da miña Eira de Flores “

Felipe Senén: ” O CARBALLIÑO, CAPITAL MUNDIAL DO PULPO”

Felipe Senén: “o pulpo, Aurora Baranda e o Carballiño, unha santa trindade galega”

Felipe Senén: “de monte de Mesego a cidade xardín e Parque do Carballiño”

Felipe Senén: Lalín, o Carballiño e o ir e vir do pintor “Laxeiro”

Felipe Senén: “Xoán Xacobe Fernández, o franciscano de Moire e mártir en Damasco”

Felipe Senén: “As Adegas, un idílico e misterioso lugar no ribeiriño do rio Varón”

Felipe Senén: “O profesor de debuxo, os carteis e as iniciativas de Felipe-Luis López”

Felipe Senén: ” O gran fotógrafo Alberto Martí e o Carballiño

Felipe Senén: “A Pena de Queiras entre os outeiros, “ou altares” que coroan o Carballiño “

Felipe Senén: “Veremundo Arias Teixeiro, de Cabanelas, persoeiro barroco nos anos da Ilustración”

Felipe Senén: “Flores, o barrio da parte de atrás do Concello”

Felipe Senén: “A saga familiar do arquitecto Gallego Jorreto e o Carballiño”

Felipe Senén: “Arredor das pontes sobre os ríos do Carballiño”

Felipe Senén: A fervenza artificial do Arenteiro nas Tres Penas

A Praza de Abastos: catedral do mercado gastronómico e que, de vello, honra ao Carballiño

Pregóns, aturuxos, voces, músicas ou asubíos do meu Carballiño

O bulir da feira do Carballiño arredor do sitio da súa orixe: a Praza Maior e a Igrexa Vella

O Campo da feira do meu Carballiño

A peregrinación a Compostela dos de “Nós”, con parada e fonda no Carballiño

Vicente Risco e a peregrinación como ascese. A viaxe a pé de Ourense a Compostela…polo Carballiño

Fariña Jamardo, algo máis que singular secretario do concello do Carballiño

O Carballiño nos horizontes da Trasalba de Otero Pedrayo

O Río Arenteiro, vea de auga, de economía, de historia e cultura

Francisco Luís Bernárdez, o poeta masidao que levaba prendido o panteísmo galego

O Castro de San Cibrao das Las enxergando as bocarribeiras e os ribeiros

Chamoso Lamas e os vellos e grandes muíños de Moldes

O Románico, documento da misión humanista no territorio do Carballiño

Banga dos pazos e a súa Igrexa de Santa Baia: antoloxía cultural dos Ribeiros

Inspiradores ires e vires de Marineda á Vilamorta no Ribeiro dos Quiroga

Os arrieiros do Carballiño…e un curioso documento

Un paseo a través da arte do imperial Mosteiro de Oseira

O mosteiro de Oseira… lección de historia e arte

Manuel Chamoso Lamas e a xestión do Patrimonio Cultural

Cando a orixinalidade radica nas orixes: arredor da feira do Carballiño

Outros apuntamentos para a historia do cine no Carballiño

A Residencia do Carballiño: os promotores, o arquitecto, os residentes…

O monumento aos irmans Prieto do Carballiño e o seu escultor Larrauri

Arqueoloxía do Megalitismo nas Terras do Carballiño: as mámoas, medorras, medelas…

As pantasmas do histórico “Gran Balneario do Carballiño”

Arredor do paleolítico nas terras do Carballiño, as pescudas…

O mes de maio no Carballiño…. “aqueles días azuis e este sol da infancia”

Ramón Bernárdez González, un carballiñés na “Cova Céltica” e fundador da Academia Galega

A Igrexa Vella do Carballiño coa súa gabanciosa torre

O desaparecido chalé “Col” e a lembranza da emigración carballiñesa a Cuba

O biscoito “meimón” do Carballiño e a súa receita recollida pola Pardo Bazán

Aquelas Semanas Santas carballiñesas, de ramos, carracas, caladiños e Pascua Florida

Arqueoloxía pendente: a das grandes minas auríferas de Loureiro, no Irixo

Unha abraiante xoia da arqueoloxía: a arrecada de ouro do Irixo

Memorias da Coresma

As tradicións do Entroido do Carballiño

A Casa Consistorial do Carballiño, prototipo de inquedanzas decimonónicas

A novas revisións máis “ CASTROS” nas terras do Carballiño

O Catálogo dos Castros do Carballiño do 1930… e máis que hai

Lembranzas do Nadal de noutrora no Carballiño

Os esquecidos cantos de Nadal, Aninovo e Reis do meu Carballiño

O reloxo da Consistorial do Carballiño e o seu xenial autor

A Veracruz do Carballiño: lección de pedras, arte dos canteiros e da historia da arquitectura

Pepe Prada, un premio á creatividade, á constancia e á dignidade na cultura

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Mes de santos, defuntos e magostos no Carballiño de noutronte

A Fonte de Flores, abrindo ao Carballiño

Un exemplo de destrución cultural : a Igrexa de San Paio de Loeda, Piñor de Cea

A parroquia de Loureiro, no Irixo, e o arquitecto neoclásico Loys Monteagudo

Lembranzas de pintura mural no Carballiño

Machados de “tope” da Idade do Bronce atopados no Monte de Mesego

A imaxe do San Cibrao do Carballiño e o seu escultor, Aldrey

As augas e as fontes do Carballiño

Vestixios de habitat e sepulturas da Primeira Idade dos Metais no Parque do Carballiño

Noticia sobre restos romanos no patio traseiro do Grupo Escolar do Carballiño

O pintor de Marín Manuel Torres no Carballiño

E así naceu “o Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María e algo máis…

Manuel María, o Carballiño, as bocarribeiras e os ribeiros

A madeira nas máis antigas construcións do Carballiño

Pasado e tristeiro presente da Estación de Ferrocarril do Carballiño

O sitio arqueolóxico da Pena dos Namorados

O Castro de Cameixa referente na arqueoloxía galega

Terra, Auga, Aire e Lume no San Xoán de antes

Historias e lendas arredor do Puzo do Lago, Maside

Apuntamentos arqueolóxicos sobre as terras do Carballiño