O autobús móbil da Unidade de Doazón de Sangue desprazarase na xornada de mañá xoves ó concello de Piñor, en horario de tarde, dende as 19:00 horas ata as 21:00 horas, no pobo de Arenteiro, na praza do pobo.
Lembramos a importancia que ten a doazón de sangue, para poder atender a demanda e necesidade dos hospitais, xa que as reservas están ao límite.
Recordamos que pode acudir calquera persoa con ou sen cita previa, que estea san, sexa maior de 18 anos e menor de 65 anos, non ter unha cirurxía, tatuaxes ou perforacións en menos dun ano, pesar máis de 50 quilos e non estar tomando medicamentos.