A Xunta mellorará a comunicación entre Arnoia e Ribadavia pola OU-402

Esta mañá, Gabriel Alén, o delegado da Xunta de Galicia en Ourense, mantivo un encontro co alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio, para trasladarlle que a Xunta de Galicia  vén de adxudicar a redacción do proxecto para o estudo de alternativas da mellora da conexión entre Arnoia e Ribadavia, na estrada OU – 402. O obxectivo deste estudo  é dar solución ao problema de mobilidade que se presenta na estrada OU-402, permitindo así mellorar a conexión con Ribadavia, xa que a estrada da Deputación que conecta ambos os concellos, Ribadavia e Arnoia, ten limitada a tonelaxe na ponte sobre o río Miño e non permite o cruce de vehículos pesados.

PUBLICIDADE

AVANTAR ACTIVIDADES