Gran fin de semana para o Club Ciclista Carballiño en Vila do Conde e Benvibre

Grandes novas nos chegan dende Portugal para o Club Ciclista Carballiño. Os corredores que se desprazaron a participar na 3ª Proba do Open BTT XCO Vila do Conde celebrada en Bagunte, voltan a casa con sendos podiums.

En CADETE, Alex García acadaba o posto máis alto do caixón, mentres que en JUNIOR Miguel Panadeiros remataba na 2a. Posición, confirmando a súa grandísima progresión.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tamén estiveron na Mini BTT na Area Recreativa do Pouso, onde 9 dos rapaces participaron na VII MINI BTT BEMBRIVE. En INFANTIL MASCULINO, Marco Rodríguez acadaba o 1° posto, despois dunha carreira moi disputada e que se decidía na parte final. En INFANTIL FEM., Noela Gonzalez acadaba a 14ª praza. En ALEVIN B, Luis Taboada acadaba o posto 20º, Sebas Caiña o 36° e en ALEVIN FEM., Leonor Mouriño acadaba o posto 16°. En PRINCIPIANTE A, Manuel Mouriño acadaba o posto 33º e en PROMESA FEM., Clara Mouriño 13° e Noa Barral 16°.