A Xunta construirá en Montederramo un novo centro de saúde que cuadriplicará a superficie do actual.

  • O delegado territorial explicou que este centro de saúde aparece recollido na Fase 2 do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria aprobado pola Xunta de Galicia en outubro do ano pasado
  • Gabriel Alén subliñou que desde o año 2009, la Xunta de Galicia construíu ou reformou un total de 99 centros de saúde, o que supuxo actuar sobre mas de 75.000 metros cadrados

O Delegado Territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, acompañado do alcalde de Montederramo, Antonio González Alvarez, supervisaron a visita que persoal técnico do Sergas fixo á parcela proposta polo concello para a construción do novo centro de saúde.

Este centro de saúde aparece recollido na Fase 2 do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria aprobado pola Xunta de Galicia o pasado outubro. O goberno galego, logo dun estudo do estado das infraestruturas de atención primaria en toda Galicia, decidiu priorizar a construción dun novo centro de saúde en Montederramo tendo en conta que o actual centro de saúde, de 33 anos de antigüidade, comparte espazos con outras actividades municipais e que presenta múltiples carencias, deficiencias estruturais, funcionais e de accesibilidade que dificultan unha atención de calidade.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para substituílo, o documento estratéxico propón un novo centro cun plan funcional  que contempla unha consulta de medicina, unha consulta de enfermería e unha sala polivalente, da que carece o actual inmoble, ademais doutras estancias como sala de xuntas para o persoal. En consecuencia, o plan prevé que o novo centro, con case 405 m2 cuadriplique en superficie ao actual, que apenas chega aos 100 m2.

 Logo da aprobación do Plan de Infraestruturas de Atención Primaria, o conselleiro de sanidade remitiulle, o 4 de novembro, cartas a todos os alcaldes e alcaldesas dos 28 concellos nos que se contempla a construción de novos centros de saúde dentro das fases 1 e 2 do Plan.  Seguindo o procedemento habitual na posta en marcha destas infraestruturas, a Xunta solicitaba a pronta achega, por parte dos concellos, de parcelas viables para axilizar o proceso administrativo de licitación de proxecto e obra e de posta en funcionamento dos novos centros.

Para facilitar a localización das parcelas, o conselleiro indicou a cada concello os requisitos para as dimensións do centro proxectado, que no caso de Montederramo concretábanse na necesidade da cesión dunha parcela cunha edificabilidade de 404,6 m2.

Unha vez respondida esa solicitude por parte do Concello coa oferta dunha parcela a consellería de Sanidade deu inmediata resposta organizando esta visita técnica aos terreos para poder avaliar así a súa idoneidade e, no caso de confirmala, comezar os trámites para asinar un convenio de cesión da parcela por parte do concello e de inicio da licitación por parte da Xunta do proxecto construtivo.

Infraestruturas de atención primaria en Ourense

O Plan de Infraestruturas de Atención Primaria propón para a área sanitaria de Ourense a construción de oito novos centros de saúde e unha reforma. Así, a fase 0 do Plan contempla a construción do novo Centro Integral de Saúde de Ourense (cuxo proxecto construtivo vén de ser adxudicado) e doutro en A Rúa (no cal, trala sinatura este ano do convenio de colaboración co Concello para a cesión dos terreos, a Consellería de Sanidade vén de encomendar á Axencia Galega de Infraestruturas os traballos de licitación de proxecto e obra). Na fase 1 contémplanse novos centros en Muíños (iniciado o proceso de cesión e en tramitación o convenio) , Boborás (convenio xa asinado) e O Carballiño (protocolo remitido ao concello) mentres que na fase 2 proxéctanse a construción de novos centros en Allariz, Montederramo e o barrio de Mariñamansa na cidade de Ourense, así como a reforma do centro de saúde e PAC de Viana do Bolo.

Dende o ano 2009, a Xunta de Galicia construíu ou reformou un total de 99 centros de saúde, o que supuxo actuar sobre mais de 75.000 metros cadrados. A eles hai que engadir as 2 obras que arestora están en marcha. En total, a Administración autonómica investiu, nestes 12 anos, máis de 120 millóns de euros en infraestruturas sanitarias de atención primaria.

En particular, na provincia de Ourense, nos últimos anos puxéronse en marcha novos centros de saúde como o de A Merca, Toén, Entrimo, Vilar de Santos, Vilamarín, Barbadás, Pontedeva, Pereiro de Aguiar e Paderne de Allariz e as reformas de A Peroxa (Os Peares) e de Carballeda de Avia, mentres que se atopan xa adxudicadas as reformas nos centros de saúde de Arnoia  e Ribadavia.

Nesta mesma liña, e a través de cofinanciamento cos concellos, reformáronse  centros de saúde como os de Leiro, Carballeda de Valdeorras, Lobios ou Cenlle. De feito, durante o ano 2021, o executivo galego tamén asinou convenios de reforma dos centros de titularidade municipal nos concellos de Rairiz de Veiga, O Bolo, Amoeiro, Beariz, Vilardevós, Maside, Castro Caldelas e Castrelo de Miño.