Exposición no Casino

José Luis Montés Marqués expón no casino a súa obra ” El Color de la Luz

“El Color de la Luz ” é un esforzo que pasa por integrar a Luz e a Cor como un elemento máis de expresión na composición fotográfica, onde se captan imaxes sinxelas de xente en situacións cotiás, pretendendo ser un instrumento persoal cunha mensaxe que pode ser descifrado polo espectador como un reflexo de sentimentos e emocións.

AVANTAR ACTIVIDADES


Utilizo a Cor e a Luz como ferramenta narrativa e que ambos os elementos tangan certo impacto visual que poidan motivar dispares interpretacións no espectador, cun significado de buscar unha relación ente a luz, a cor, o suxeito e espectador.
Vivo a rúa como o mellor escenario do mundo, o espazo da xente anónima da vida pública, o gran teatro da vida, pero como fotógrafo de rúa non me interesa ver o mundo tal cal é con todas as súas marabillas, coas súas imaxes idealizadas ou con esa beleza formal. Quero falar do invisible, o reciclar o real, o abandonar a mirada cotiá do día a día para poder transformala e para iso a cámara ofréceme unha forma alternativa de ver, de mirar, de enmarcar e interpretar a miña realidade.

Casino Recreativo e Cultural de O Carballiño
 HORARIOS: De Luns a Venres de 10:00h a 22:00h, Sábados e Domingos de 11:00h a 22:00h.

ATENCIÓN Ó PÚBLICO:

  • Pola tarde, de Luns a Xoves de 18:00h a 21:00h.;
  • Pola mañá, Venres de 10:00h a 13:00h.