A CEO debate o Plan de Igualdade e Protocolo ante o acoso nas empresas

IES CHAMOSO LAMAS

A CEO debate o Plan de Igualdade e protocolo ante o acoso nas empresas, en colaboración con Forgaltalent

Todas as empresas, con independencia do seu tamaño teñen a obrigación legal de establecer medidas de actuación, protección e prevención fronte ao acoso sexual e por razón de sexo, cuxo incumprimento supón unha infracción do ordenamento xurídico.

HIPER MASIDE

Existen catro tipos de acoso: o acoso sexual, o acoso por razón de sexo (por ser muller ou home), acoso discriminatorio por motivos diferentes ao sexo como idade, raza, discapacidade, relixión, e por último o acoso moral e psicolóxico ou mobbing.

Na xornada desta tarde, a partir das 19:30, abordaranse dous temas fundamentais, primeiro o Plan de Igualdade e Protocolo de Acoso, e segundo, unha análise da normativa autonómica pola que se aproban as axudas para a súa implantación e posta en marcha.

O relator, David López, da consultora Forgaltalent explicará, con respecto aos plans de igualdade e o protocolo de prevención e actuación #ante o acoso laboral, as súas diferenzas e relación, que empresas están obrigadas e os suxeitos obrigados a negocialos e implantalos, as fases que hai que seguir ata a súa posta en marcha, os tipos de acoso (diferenzas entre acoso laboral ou mobbing e acoso sexual ou por razón de sexo) e o seu réxime sancionador. O protocolo de prevención de acoso debe negociarse coa representación dos traballadores e debe contemplar a todo o persoal interno e externo vinculado á entidade.

A continuación, en canto ás subvencións para a súa implantación e posta en marcha, analizarase a normativa autonómica pola que se convocan as axudas, detallando os requisitos das empresas solicitantes, os conceptos que son subvencionables, así como a contía das axudas e os criterios de avaliación do sistema de concorrencia competitiva.