Nota da Garda Civil: Accidente de Circulación

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A GARDA CIVIL DE OURENSE INVESTIGA COMO PRESUNTO AUTOR DUN SUPOSTO DELITO DE LESIÓNS Á PERSOA QUE PROVOCOU UN SINISTRO VIARIO.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

• O condutor da furgoneta sobre a que chocou unha motocicleta cometeu dúas infraccións graves.

• O accidente produciuse ás 08:35 horas do pasado día 19/02/2020, no Km 232.700 da N-525 (San Ciprián de Viñas).

06 de marzo de 2020. Ás 08:35 horas do pasado día 19 de febreiro, no km 232,700 da estrada N-525, no termo municipal de San Ciprián de Viñas (Ourense), produciuse un grave accidente de circulación no que unha motocicleta chocou contra unha furgoneta que se interpuxo na súa traxectoria, resultando o condutor da motocicleta ferido grave e sufrindo ambos os vehículos danos de consideración.-

Como consecuencia da investigación realizada polo Equipo de Atestados do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, para esclarecer a responsabilidade do sinistro viario, concluíron que o condutor da furgoneta implicada cometeu dúas infraccións graves, unha a de non respectar a sinalización horizontal de “STOP” e outra a de realizar un cambio de dirección á esquerda de forma incorrecta, ao realizalo sen cinguirse ao eixo central da calzada e facelo polo carril de sentido contrario da estrada á que pretendía acceder.

Os Equipos de Atestados da Agrupación de Tráfico da Garda Civil teñen entre outras funcións, a misión de investigar e esclarecer as causas e a responsabilidade dos sinistros viarios.

Desde o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, lémbrase que a manobra de cambio de dirección na que hai que atravesar o carril ou carrís de sentido contrario, é unha das máis perigosas, ao interceder na traxectoria dos vehículos que circulan en sentido contrario e que produce os accidentes máis graves, polo que se roga extremar as medidas de seguridade para realizala en ausencia de risco.