O Consello regulador analiza as oportunidades do ribeiro nos mercados

O vindeiro sábado día 7 de marzo o Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Ribeiro organiza unha conferencia-debate co título “Oportunidades nos mercados nacionais e internacionais para os viños da D.O. Ribeiro”. Esta acción celebrarase no Mosteiro de San Clodio de Leiro a partir das 10:20 da mañá e enmárcase na programación de actividades formativas e divulgativas, que baixo o lema “Onde o mundo se chama Ribeiro”, vai desenvolver o Consello Regulador durante o ano 2020. A entrada será libre e de balde.

Nesta acción analizarase, a través das miradas complementarias de Manuel Juliá Dorado e Manuel Villanueva de Castro, a realidade actual do mercado do viño, tanto a nivel nacional como internacional, así como o reto dos viños do Ribeiro para gañar presenza neles.

Manuel Juliá Dorado, Director da Feira Nacional do Viño (Fenavin), centrará a súa intervención na análise das tendencias do mercado, desde unha visión xeral dos viños españois e en particular do Ribeiro. Fará fincapé na necesidade de aumentar a presenza nos mercados internacionais e nas características que deben ter os viños para acceder aos mesmos; unha presenza que é preciso aumentar dados os reducidos volumes de exportación no caso dos viños de Galicia en xeral e do Ribeiro en particular. A partir da súa experiencia na dirección de Fenavín, a primeira feira de viño español do mundo especializada na exportación, Manuel Juliá tamén nos achegará á forma de aproveitar de maneira satisfactoria os instrumentos de negocio que dita feira ofrece.

PUBLICIDADE ELECTORAL