NOTA do PSDEG-PSOE DE OURENSE

O PSDEG-PSOE DE OURENSE INSTA AO PP DA CIDADE PARA QUE RETIRE O SEU LOGO DA MEDIDA DE HOMENAXE MUNICIPAL DIRIXIDA A HONRAR AOS SANITARIOS QUE LOITAN CONTRA O COVID-19

Os socialistas lembran que “o protocolo e o respeto institucional, censuran a individualidade coa que o tenente alcalde pretende patrimonializar unha medida de honra que debe ser colectiva”
Consideran que se trata dunha medida “populista e demogóxica” xa que non os dotan, nin a eles nin ao persoal do concello, “das medidas de seguridade” para que poidan desenvolver o seu traballo cos menores riscos
O PSdeG-PSOE de Ourense insta ao Partido Popular da cidade a que retire a súa imaxe na medida de homenaxe anunciada o sábado para honrar ao persoal sanitario da terceira cidade de Galicia que está a loitar contra o coronavirus. As redes sociais do PP cidade de Ourense, sitúan o o logo deste partido na foto da glorieta onde conflúen a rúa da Sainza e a Avenida de Zamora, a cal anuncian que será transformada nun espazo verde singular de honrar aos nosos sanitarios. Así mesmo, ensalzan a figura do tenente alcalde, Jorge Pumar, como autor da acción dende a concellería de medio ambiente.
Os socialistas consideran que este xeito de actuar é “inaudito” dado que as medidas de honra “deben ser presentadas á corporación municipal e aprobarse co acordo da colectividade do resto de grupos adquirindo o “rango de valía pública”. Polo contrario, neste caso, difúndese a través das redes sociais de dous partidos políticos, sen contar co resto da corporación. Situación que leva acontecendo dado que dende o inicio da crise do COVID-19 o grupo de goberno non foi quen “nin sequera de convocar unha xunta de voceiros” para informar dos procedementos e das medidas que se porían en marcha, denuncian os socialistas.
Dende o seo do grupo municipal, condenan o “uso das homenaxes como medio de propaganda política ou con fins de promoción persoal” dado que devalúan a súa esencia. Consideran tamén que se trata dunha medida “populista e demagóxica” xa que defenden o traballo dos sanitarios mentres non os dotan nin a eles nin ao persoal do concello “das medidas de seguridade” para que poidan desenvolver o seu traballo cos menores riscos.
Os socialistas aproveitan para instar a toda a sociedade a que siga dando as grazas cada día ao persoal que nos coida, e axudándoos co confinamento, e démoslle despois ”honras e recoñecemento” co acordo de toda a sociedade e de xeito altruist

AVANTAR ACTIVIDADES