A Xunta e o sector acordan incrementar o aforo dos establecementos hostaleiros ao 50% a partir da próxima semana

A decisión, que xa foi avanzada o pasado domingo polo presidente do Goberno galego concretouse na reunión que houbo entre representantes sectoriales e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e se aprobará este fin de semana.

O acordo chega despois de que o Goberno central autorizase ás distintas Comunidades en fase 2 a ampliar o aforo máximo no interior dos establecementos de restauración, do 40% ao 50%.

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO

Durante o encontro, realizouse un seguimento do proceso de apertura e das expectativas para a tempada estival, na que xa se están rexistrando máis reservas que cancelacións de aloxamentos. Os hostaleiros solicitan ao gobernou que revise o criteiro do aforo porque o consideran insuficiente e que o criterio debería ser a distancia de seguridade, tal e como sucede noutros países como Alemaña.

Estivemos non hotel restaurante Pituxo do Carballiño, o seu dono fálanos de que a clientela é escasa pero está contento de poder volver a vela.