o Psdeg-Psoe de Ourense reúnese cos emigrantes retornados de alemania en Verín

encontro verin emigrantes

O PSdeG-PSOE de Ourense celebrou en Verín, un encontro informativo con emigrantes retornados de Alemania. No acto participaron o secretario provincial de emigración, Luís Gulín, e o candidato por Ourense ao Parlamento de Galicia, Juan Carlos Francisco Rivera, que explicaron durante máis dunha hora os diferentes cambios de fiscalidade que afectan a estes colectivos.

Un acto que estivo conducido polo secretario de organización do PSdeG-PSOE de Verín, Benigno Rodríguez Rodríguez, e no que en primeiro lugar tomou a palabra Luís Gulín, que comezou falando sobre a nova fiscalidade para dous pagadores que en palabras do secretario provincial de emigración “elévase dende o 1 de xaneiro deste ano ós 14.000 euros para estar exentos de declarar”.

AVANTAR ACTIVIDADES

O propio Gulín informou tamén de que “os emigrantes residentes en Alemania dende o 1 de xullo están obrigados a informar a axencia tributaria alemá no caso de ter contas bancarias en España e dos movementos dos seus depósitos”. Así mesmo, o responsable de emigración do PSdeG-PSOE de Ourense detallou de forma exhaustiva o tema do 5 por cento que hai que declarar a Axencia Tributaria Alemana sobre a pensión que se percibe dese país, ademais de explicar os procedementos e experiencias a hora de tramitar as axudas a dependenza alemá e a posibilidade de que o seguro alemán asuma para o coidador as cotizacións ante a seguridade social española e incluso para a prestación do desemprego.

No final do acto, os emigrantes expuxeron as súas inquedanzas e dúbidas, que foron resoltas polo secretario provincial de emigración, Luís Gulín, que lles lembrou ademais que no PSdeG-PSOE de Ourense proseguen coa labor informativa e de axuda a este colectivo para poder solucionar dúbidas e resolver inconvintes coas pensións procedentes de Alemania.

Vídeos explicativos dirixidos aos retornados

Por outra banda, a secretaria provincial de emigración do PSdeG-PSOE de Ourense acaba de subir ao portal de internet Youtube tres vídeos titoriais dirixidos aos emigrantes retornados que traballaron nos países europeos. Neles, o secretario provincial de emigración, Luís Gulín, informa e dá consellos prácticos en diversos temas que lles interesa.

O primeiro deles, dunha duración consiste nunha panorámica xeral respecto da declaración da renda 2019, con referencias específicas para os retornados de Alemaña. Os outros dous vídeos teñen como destinatarios exclusivamente a este colectivo: o primeiro fai referencia sobre a problemática do pago do 5 por cento da pensión alemá á facenda xermana, a súa orixe, casuística e trámites a realizar en Alemaña e España. O segundo vídeo destinado á emigración alemá é un tutorial de ….minutos de duración explicando o complexo procedemento para solicitar a axuda de dependencia alemá.