Os senadores do PP de Ourense reclaman ao Goberno de Sánchez que recupere as inversións a través da CHMS, abandoadas en favor do gasto corrente e o gasto en persoal

A Confederación Hidrográfica do Miño Sil sobe os gastos non produtivos

  • Os senadores ourensáns Jesús Vázquez Abad, Carmen Leyte, Miguel Ángel Viso e Francisco José Fernández rexistraron unha batería de preguntas na que poñen de manifesto o nulo interese da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil en executar inversións na provincia de Ourense, substituindo este gasto productivo en outros como o gasto corrente ou o gasto en persoal, disparando ambos.
  • “Queremos que se nos informe do motivo polo que o gasto en Capítulo 1 sobe nun 12% desde 2017, e por que o Capítulo 2 (gasto corrente) dispárase nun 82%, mentras a inversión cae a mínimos históricos, cun 23,32% de execución, gastando só 4,4 millóns dos 19,2 millóns de euros previstos. Temos claro que para o Goberno de Sánchez o investimento en Ourense non é unha prioridade e os datos así o amosan”, din os senadores ourensáns.

Os senadores ourensáns Jesús Vázquez Abad, Carmen Leyte, Miguel Ángel Viso e Francisco José Fernández veñen rexistraron unha batería de preguntas na que poñen de manifesto o nulo interese da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil en executar inversións na provincia de Ourense, substituindo este gasto productivo en outros como o gasto corrente ou o gasto en persoal, disparando ambos gastos en detrimento doutros gastos produtivos moito máis necesarios e importantes para a provincia de Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os representantes do PP de Ourense na Cámara Alta recalcan que “queremos que se nos informe do motivo polo que o gasto en Capítulo 1 sobe nun 12% desde 2017, e por que o Capítulo 2 (gasto corrente) dispárase nun 82%, mentras a inversión cae a mínimos históricos, cun 23,32% de execución, gastando só 4,4 millóns dos 19,2 millóns de euros previstos. Temos claro que para o Goberno de Sánchez o investimento en Ourense non é unha prioridade e os datos así o amosan”, din os senadores ourensáns. Consideran imprescindible que o Goberno de Sánchez aclare esta situación e as circunstancias que están a provocar que o organismo responsable de cuenca do noroeste peninsular abandone os investimentos, deixando aos concellos da provincia de Ourense afectados por ela completamente desamparados no que aos seus río e cauces respecta.

“Non é entendible que a CHMS abandone o capítulo de investimentos, enterrándoo en mínimos históricos, mentras dispara exponencialmente os gastos non productivos”, recalcan os senadores ourensáns.