Obradoiro de cestería, mañá e xoves en Boborás

Un dos varios obradoiros que ten en marcha o concello de Boborás   é o de Cestería. As persoas participantes deberán traer roupa corriente que se poida manchar, un pano vello que non solte pelo, así como para a primeira sesión un envase de cristal de conserva con tapa ou unha botella (sen papeis, nin pegamentos), unha caixa de cartón e un bote para poder colocar os pinceis.

Estará en marcha mañá e os dias 17, 22, 24 e 29 de setembro no Local Social de Almuzara, en horario de 18.00 a 21.00 h. Hai prazas limitadas e para anotarse poden facelo no teléfono 988402008 ou nas oficinas municipais. A actividade totalmente gratuita. O material de traballo será suministrado polo propio curso.

AVANTAR ACTIVIDADES

A alcaldesa , Patricia Torres, falou sobre a boa acollida desta iniciativa, xa que se agotaron as prazas ós poucos días de anuncialos.

Ademáis, para esta fin de semana, Boborás contará cun contacontos a cargo de Fran Rei, o 19 de setembro no Edificio Sociocultural Manuel Chamoso Lamas ás 18.30 h. Será unha actuación gratuíta, dixirida a nenos e nenas e as súas familias, co título “Superheroe”. Esta actividade encádrase no programa “Cultura no camiño” do AGADIC, da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. A actuación contará con todas as medidas preventivas do COVID-19.