A Xunta inicia as obras de mellora de firme na estrada OU-212, no concello de Avión, cun investimento de 190.000 euros

O tempo estimado para a execución dos traballos e de cinco días, supeditado ás condicións meteorolóxicas

O obxectivo da intervención é mellorar as características superficiais do firme en dous treitos de curvas con pendente elevada

AVANTAR ACTIVIDADES

Os traballos completaranse co pintado de marcas viarias e a adecuación da sinalización vertical

A Xunta inicia as obras de mellora de firme na estrada OU-212, no concello de Avión, cun investimento de 190.000 euros.

Este proxecto contará cun prazo de execución estimado de cinco días, supeditado ás condicións meteorolóxicas.

A actuación consistirá na rehabilitación da capa de rodadura en dous treitos, un entre os puntos quilométricos 23+180 e 23+380 e outro entre os puntos 24+900 e 27+150.

O obxectivo da intervención é mellorar as características superficiais do firme en dous treitos de curvas con pendente elevada mediante a extensión dunha capa de rodadura de 5 cm de espesor.

Os traballos completaranse co pintado de marcas viarias e a adecuación da sinalización vertical.

O Goberno galego continúa traballando na conservación das estradas autonómicas coa fin de reforzar a seguridade viaria.