A secretaría de Castrelo de Miño recomenda o cese dos concelleiros tránsfugas

O Bloque de Castrelo de Miño solicitou un informe á secretaría do concello en relación ó actual goberno deste concello logo da moción de censura do Partido Popular apoiada por dous concelleiros tránsfugas. As conclusións do informe de secretaría propoñen o cesamento dos actuais primeiro e terceiro tenentes de alcalde, os dous concelleiros tránsfugas e, como consecuencia, a perda de retribucións correspondentes ós cargos que ocupaban. A secretaría pide tamén a modificación da designación dos membros da Xunta de Goberno Local. Ademais, conclúe que os concelleiros non adscritos seguirán conservando todos os seus dereitos para participar nas comisións informativas ou na comisión especial. Logo deste informe, a alcaldía ten a potestade de tomar as decisións oportunas.