Ribadavia acolle a exposición do centenario da Revista Nós ata o 2 de xaneiro

A Alameda de Ribadavia acollerá dende o pasado 18 de decembro ata o 2 de xaneiro unha exposición itinerante adecada a conmemorar o centenario da creación da Revista Nós, creación ourensá.  A periodista e escritora, Maribel Outeiriño foi de quen partiu a idea que a levou a realizar a selección de imaxes, ilustracións e textos da revista Nós. Nesta mostra hai tanto textos representativos da provincia coma imaxes seleccionadas dos membros desta xeración.