Fabiola García destaca que a Xunta dotará aos concellos dun millón de horas máis para o Servizo de Axuda no Fogar

16,30 h.- A conselleira de Política Social, Fabiola García, reunirase co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela. foto xoán crespo 28/12/2020

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou que o Goberno galego dotará aos concellos dun millón de horas máis para o Servizo de Axuda no Fogar. Trátase dun reforzo que permitirá chegar a 6000 persoas dependentes máis de toda Galicia e para o que a Xunta destina un investimento de 10 millóns de euros. Así o manifestou esta tarde en declaracións aos medios logo da reunión mantida co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alberto Varela, con quen coincidiu na necesidade de que o Goberno central incremente a súa achega para a atención á dependencia e poder deste xeito incrementar as contías do SAF e doutros servizos.

Así mesmo, Fabiola García agradeceu a vontade de colaboración institucional do presidente da Fegamp para continuar mellorando a calidade de vida das galegas e galegos. Neste sentido, lembrou que está programada unha reunión no vindeiro mes de xaneiro para actualizar a Axenda Social Única na que se poderán abordar as principais liñas de traballo e seguir así avanzando na colaboración entre institucións.

AVANTAR ACTIVIDADES