O BNG de Cea critica que os orzamentos non contemplan medidas fronte a covid-19

O BNG no Concello de San Cristovo de Cea votou contra o orzamento de 2021 por consideralo unha copia do ano precedente, polo que resulta ineficaz para afrontar a situación que aseguran que é decadente. O seu voceiro Manuel Pérez detallou que terá un valor de 2.050.000 €, cun 44% de gastos en “persoal”, mentres o capítulo de “inversións reais” só acada un 16%. Aseguran que non se contempla medida algunha para afrontar a crise actual derivada do Covid’19, nin tampouco accións concretas para reactivar a economía.

O BNG manifestou a súa discrepancia con respecto a un dos créditos contraídos con unha entidade bancaria, que a 31 de decembro de 2019 figuraba na contabilidade con 20.000 menos de débeda que na previsión do mesmo para o ano 2021. O BNG tamé presentou dúas mocións nese pleno, unha para solucionar os afundimentos na pista de acceso ao Val e outra para recuperar o formigonado orixinal nas vías de Vilaseco.

AVANTAR ACTIVIDADES