Comunicado do BNG de Cenlle sobre a implantación dunha rede de fibra óptica

A través dunha moción presentada polo BNG de Cenlle acordouse a implantación dunha rede de fibra óptica no noso termo municipal. Se ven a liña aínda non da cobertura a tódolos núcleos que nos gustaría, xa temos as primeiras achegas do servizo, o cal algúns veciños manifestan que é deficiente, lento e que incluso carecen de conexión.

Dende o BNG de Cenlle queremos manifestar que os acordos do pleno deben facerse, e facerse ben. Ter unha rede de internet hoxe en día é esencial, posto que nisto radica un dos principais atractivos para modernizar o rural, xa que é un gran proveedor de servizos que ademáis da a oportunidade de xerar postos de traballo debido á evolución do mercado laboral actual. Así pois o concello debe implantar este suministro de forma efectiva e sen máis excusas.

AVANTAR ACTIVIDADES