Ourense sobe hoxe os casos activos rompendo a tendencia das últimas semanas

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 126 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 3.092. A presión asistencial descende lixeiramente. Hoxe hai 77 (=) persoas na UCI, e 271 (-18) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras continua co descenso de casos. Hoxe hai 11 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra sobe con respecto a onte en 5 casos, ata os 213 casos totais. Os hospitais presentan estabilidade, contando con 19 (-3) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 4 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES

PUBLICIDADE