A partir da media noite de hoxe entran en vigor as medidas tomadas polo comité clínico esta semana. Os concellos de Beade e Maside teñen que cumprir o nivel máximo de restricións. Isto supón:
- O peche perimetral do municipio. Non se pode saír ou entrar agás por causas xustificadas.
- o peche total da hostalaría salvo servizo para levar.
- Prohibición de reunións con persoas non conviventes.
Así mesmo, quedarán no nivel medio de restricións nos municipios de O Carballiño e Ribadavia entre outros. Isto supón:
- A mobilidade permitida con todos os concellos salvo os de nivel máximo (Maside e Beade).
- Reunións ó aire libre con máximo seis persoas e en interiores de máximo 4 persoas, pero prohibidas en domicilios.
- Aforo interior da hostalaría do 30% e exterior do 50% e peche ás 21:00 horas.
Pola contra, Boborás alivia as restricións. Dende esta noite, as medidas serán de nivel máis baixo, o que supón:
- A mobilidade permitida con todos os concellos salvo os de nivel máximo (Maside e Beade).
- Reunións ó aire libre con máximo seis persoas e en interiores de máximo 4 persoas, pero prohibidas en domicilios.
- Aforo da hostalaría interior do 50% e do exterior do 75% e peche ás 21:00 horas.