A Asociación de Concellos difundirá un filme para promocionar o Camiño Miñoto Ribeiro

A Asociación de Concellos do Camiño Miñoto Ribeiro celebrou hoxe no Carballiño a súa asamblea xeral logo de non poder facela pola covid en meses anteriores. O obxectivo que persigue a asociación é o de conseguir que a Xunta de Galicia recoñeza esta vía como camiño Cultural.

Ademais de promocionar os concellos galegos e da nosa contorna polos que pasa o camiño, esta asociación xa conta co apoio dos concellos do norte de Portugal, que se amosan proclives á colaboración conxunta.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para promocionar o camiño, hoxe aprobaron a contratación dunha empresa que se encargará dun plan, dentro do que se creará un filme que recolle o potencial do camiño, a creación de camisetas e merchandasing e a colocación de Bancos Peregrinos nos concellos.

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, amosou a súa satisfacción por todo o que se está logrando, fomentando a cultura, a paisaxe e a promoción económica.

Pola súa parte, o secretario Carlos Martínez, alcalde do concello de Vedra, fixo fincapé no moito que se conseguiu en pouco tempo facendo referencia á Compostela, recoñecemento da Igrexa ó Camiño Miñoto.