Hoxe da comezo a Novena de Santa Rita, en Dacón

O municipio de Dacón celebra este mes de maio a súa honra a Santa Rita. Dende a tarde de hoxe ata o próximo día 21, tamén incluído, a igrexa de Dacón celebra a súa Novena, con misas diarias ás 19:30 horas e ás 20:30 horas. O día 22, día grande desta celebración, haberá misas cada hora, dende as 08:00 horas. Este ano, pola situación sanitaria, a pesar de que os fieis poden acudir presencialmente á igrexa, non haberá procesión.

A Novena de Santa Rita tamén a poderán seguir todos os días, ás 20:00 horas, en Badal TV ou a través do noso xornal dixital badalnovas.com.

AVANTAR ACTIVIDADES