O Carballiño mantén cinco casos e Boborás súmase a San Amaro, cun caso activo cada un

A comarca sobe hoxe o número total de casos activos de coronavirus ós 7. A evolución mantense pendente dos casos do Carballiño, aínda que xa non é o único concello con casos activos.

O Carballiño rexistra hoxe 5 positivos, a mesma cifra ca na xornada de onte. San Amaro, logo de varias semanas libre de covid, sumou un caso o pasado sábado que se mantén hoxe. Hoxe tamén incorpora un caso Boborás, que estaba libre de covid.

AVANTAR ACTIVIDADES

E os demais concellos, Maside, O Irixo, Beariz, Piñor, Punxín e San Cristovo de Cea están libres de coronavirus.

Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, están en nivel medio-baixo o que implica unha maior capacidade de servizo da hostalería cun 50% de aforo interior e un 75% en terraza.