Cita co atletismo esta fin de semana ca ruta cara Santiago de Compostela

A Federación Galega de Atletismo, o Club de Atletismo do Carballiño e Carreiras Galegas organizan para esta fin de semana a quinta edición de “Los 100 del camino”, que consiste en varios percorridos enmarcados no Camiño de Santiago.

As opción de ruta son O Carballiño-Lalín (42 km), Lalín-Santiago (58 km), ou a máis longa, O Carballiño-Santiago (102 km). Virán este ano persoas de toda España, Portugal, Alemania e dos países do este sumando máis de 200 persoas. Os dorsais recolleranse no hotel Derby do Carballiño o día antes e a saída terá lugar o sábado ás 08:00 horas, cun tempo de 23 horas máximo para completalo.

AVANTAR ACTIVIDADES