Espazo Común critica a privatización do servizo de xardinería municipal

A formación de Espazo Común asegura que o concello do Carballiño fixo, fai apenas unhas semanas, o procedemento para privatizar a xestión do servizo de xardinería municipal e recalcan que o fixeron sen facelo público.

Asegura a formación que o custo será de 80.000 euros anuais cun contrato por tres anos, o que sumaría unha cifra de 240.000 euros. Segundo Espazo Común, a oferta de privatización sae en dous lotes, un chamado “Mantemento de parques e xardíns” e outro denominado “Mantemento de conservación e mantemento integral de zonas verdes e outras zonas públicas municipais do Concello do Carballiño”. Afirman que pedirán explicacións por esta diferenciación e pola toma desta decisión sen consultar.

AVANTAR ACTIVIDADES