Con 151 coches vendidos, o 3º Car Outlet Ourense cumpre as expectativas dos concesionarios

• Esta cita na que participaban os 16 concesionarios oficiais asociados a ACAUTO atraeu a Expourense a máis de 3.300 visitas
• Supuxo o regreso á “normalidade” do recinto feiral ourensán

Onte pola tarde pechaba as súas portas en Expourense a terceira edición do Car Outlet Ourense, cita coorganizada entre en recinto feiral e a Asociación de Automóbiles de Ourense, ACAUTO, e contando coa colaboración de ABANCA.

AVANTAR ACTIVIDADES

As ofertas presentadas polos 16 concesionarios oficiais que representaban 22 marcas e que participaban nesta cita atraeron a máis 3.300 visitas que colgaron o cartel de “Vendido” en 151 coches. Aínda que son datos lixeiramente inferiores aos da última edición celebra en 2019 (onde se rexistraron 4.900 visitas e 176 vendas), a organización dá por bos estes resultados xa que “dadas as circunstancias actuais, nun contexto de recuperación da pandemia, sendo a primeira feira presencial e cunha fin de semana de tempo moi bo, podemos dicir que o salón cumpriu as expectativas. Os resultados e afluencia que tivo o salón demostran claramente o interese que tuene esta cita para todo o mundo”, indican desde ACAUTO.

A Asociación mostra así a súa satisfacción polos resultados obtidos neste salón ao que acudiu un público “con clara intención de compra e unha idea bastante definida do que viñan buscar”. Ademais, hai que ter en conta que o cociente de visitante por venda é maior que na edición anterior, é dicir, que aínda sendo menor o número de visitantes, as vendas non baixaron en comparación, o que indica o alto nivel de interese do público que se achegou esta fin de semana ao recinto. A esta cifra de vendas haberá que sumar as que se pechen durante os próximos días a cargo dos “indecisos” durante a súa visita ao salón e tamén as xurdidas de contactos realizados durante a feira. Trátase, por tanto, dunhas cifras positivas nun momento no que as vendas de automóbiles en España levan meses experimentando caídas

Este Car Outlet Ourense supón a volta á normalidade, con feiras presenciais, de Expourense, que organizou un evento seguro tomando todas as medidas de prevención necesarias. Esta cita serviu tamén de antesala para a 12ª edición do Salón do Automóbil Novo (1 ao 3 de outubro de 2021) e do Salón do Automóbil de Ocasión (do 8 ao 11 de outubro de 2021).

Os expositores ofreceron coches quilómetro cero, de servizo, seminuevos e de segunda man cun desconto medio de ata o 40%, unha garantía media de 5 a 7 anos e vantaxosas condicións de financiamento.

A próxima cita feira do Expourense será a 9ª edición de Ourense Vinis Terrae, Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade que se celebrará xa a próxima semana, os días 14 e 15 de xuño.