Unha posible intoxicación deixa 35 afectados en residencias no Carballiño e Leiro

Unha posible intoxicación alimentaria que afectaría a dúas residencias Sociosanitarias e un comedor escolar, no concello de O Carballiño, e unha residencia no de Leiro,  puxo en marcha na tarde de onte un operativo de asistencia por parte da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, mobilizando persoal e recursos para a atención nos propios centros  sociosanitarios.

En coordinación cos servizos de Saúde Pública e Medicina Preventiva estase a facer un seguemento para determinar a orixe e características da intoxicación. A maioría dos afectados están a ser atendidos directamente nos seus centros e de xeito ambulatorio nos PAC da zona.  Hai uns 35 afectados en residencias. Deles 7 atendidos en urxencias e 6 ingresados, unha docena atendidos onte no PAC de Carballiño. Trátase dunha situación puntual, todos eles con sintomatoloxía leve.

AVANTAR ACTIVIDADES