En Avión: Convocatoria para a contratación laboral temporal de 1 xef@ de brigada, 1 conductor@ e 3 pe@ns para brigadas forestais

Pyblicase hoxe no BOP

Convocatoria para a contratación laboral temporal que se indica: 1.Número e denominación das prazas: brigada para a prevención e defensa contra incendios forestais composta por:

AVANTAR ACTIVIDADES

– 1 xefe/a de brigada – 1 peón/peoa condutor/a – 3 peóns/peoas.

2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa, de duración determinada por obra ou servizo determinado.

3. Duración do contrato: 3 meses.

4. Sistema de selección: valoración de méritos e realización dunha proba de aptitude física

5. Lugar e prazo de presentación das solicitudes: no Rexistro Xeral do Concello de Avión ou por calquera dos medios admitidos en dereito, nos 5 días naturais a partir do seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP.

6. Exposición das bases: o texto completo das bases estará publicado no taboleiro de anuncios e no portal de transparencia do Concello de Avión:

https://avion.sedelectronica.es/transparency/

BOP Premer na Imaxe