O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, xunto con técnicos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade visitou hoxe o CEIP Manuel Sueiro, para coñecer, sobre o terreo, o alcance dos danos ocasionados polas treboadas e as fortes choivas rexistradas no día de onte na cidade.