BNG do Ribeiro denuncia o Estado de abandono en que se encontra a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, situada no Concello de Leiro.

Desde o BNG do Ribeiro denunciamos o estado de abandono en que se encontra o edificio da EVEGA, situado no concello de Leiro.

A Consellería de Medio Rural ten nunha situación de precariedade un edificio que debería ser un referente nos avances relacionados co mundo do viño na Galiza. A falta de recursos e de persoal neste centro está supondo un lastre para a modernización do traballo das e os viticultores da nosa comarca.  Esta é una mostra máis do desinterese e o desleixo mostrado pola Xunta de Galiza no referente aos sectores productivos do noso país.

AVANTAR ACTIVIDADES

É por isto que desde o BNG vimos de introducir no Parlamento de Galiza unha proposición chamando ao mantemento e ao arranxo dunhas instalacións que deberan de ser vangarda na investigación vitivinícola da Galiza.