Galicia supera o pico máximo da quinta onda baixando 2.000 casos nunha fin de semana

A comunidade galega rexistra hoxe 798 contaxios, un ritmo de novos positivos que  descende notablemente, baixando da barreira do milleiro diarios. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 16.824, unha cifra que descende en preto de 2.000 casos . A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe presenta un ascenso nos hospitais galegos. Do total de pacientes positivos en Galicia, 55 (+2) están en UCI e 286  (+31) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 41 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan ata os 1.275 casos activos, preto de 250 casos menos. Os hospitais hoxe presentan 30 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 5 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES