A Banda Sinfónica Xuvenil Galega escolle o Carballiño para o seu terceiro encontro

A Banda Sinfónica Xuvenil Galega escolleu O Carballiño para celebrar o seu terceiro encontro, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, dentro do fondode proxectos culturais Xacobeo 2021. Esta actividade terá lugar esta semana, dende hoxe que chegaron e se instalaron ata o próximo día 5. Chegaron esta mañá ó ApartaHotel Arenteiro, onde quedaron instalados, para organizar durante esta xornada como transcorrerá a semana.

Este encontro reúne a 50 rapaces, procedentes de diferentes bandas de Galicia, e enmárcase como unha actividade que fomenta, ademais da música, a convivencia.

AVANTAR ACTIVIDADES

O pratos forte deste encontro será o concerto do próximo sábado, ás 19:00 horas na Praza da Veracruz, que será retransmitido por streaming. Ademais, haberá outras actividades lúdicas para os rapaces, e un encontro a modo de coloquio con músicos xa veteranos galegos.