A moza agredida o pasado xoves permanece en estado moi grave mentres continúa a investigación

O pasado xoves, O Carballiño conmocionábase ó facerse público o suceso que aconteceu nunha vivenda na rúa Astureses. Un mozo de 13 anos golpeaba cunha pata de cabra a unha moza de 14 anos, que posteriormente se precipitou dende o balcón da casa. A pesar de que a investigación segue o seu curso, aínda non quedou esclarecido se foi o rapaz quen a fixo precipitarse ou ela mesma ó fuxir do seu agresor. Foi o propio agresor quen chamou ó 112 confesando o acontecido.

O sábado, a Praza Maior do Carballiño acollía unha concentración en apoio á familia da vítima e pedindo que este acto non quede impune. Nesa concentración persoáronse amigas da nai da vítima, que falaron cos medios sobre o acontecido.

AVANTAR ACTIVIDADES

A día de hoxe, a moza segue en estado crítico ingresada na UCI do Hospital de Ourense. Por outra parte, o agresor está ingresado en psiquiatría á espera dun análise psiquiátrico e de que siga a investigación. Hoxe soubemos que será trasladado a Santiago, ó Hospital Clínico, para a realización dunha proba de evalucación psiquiátrica. A familia abriu unha recollida de firmas na plataforma change.org na que piden que se revise a lei para que isto non quede impune.