O goberno rexeita a suba do IPC para o 2022 grazas á presión da oposición

Hoxe, a corporación do concello do Carballiño celebrou unha sesión plenaria para a aprobación das ordenanzas fiscais para o próximo ano, un punto que conta con toda a oposición en contra.

Espazo Común, BNG e Partido Popular coincidían nun fronte común para frear a proposta dunha suba do 2,7% das taxas e prezos públicos.

AVANTAR ACTIVIDADES

O PP ía máis alá, e ameazaba con acudir ós tribunais, alegando que os informes de tesourería estaban en contra e que era unha suba ilegal e inxustificada.

Finalmente, o grupo de goberno cedeu, e aprobou, entre outras alegacións, rexeitar esa suba do IPC, salvo as relacionadas co lixo e ca auga.

Ademais, foron dúas mocións de urxencia de Espazo Común. Nunha delas piden a elaboración dun inventario de bens municipais, acordo co que se contou ca unanimidade da cámara, ó todos coincidir na súa necesidade.  

TOTAL ADOLFO 06:42- 08:01 (1339)

A outra moción na que piden que se respecten as leis de transparencia nas contratacións do concello, foi aprobada por unanimidade.