O Cine Clube proxectará este venres o filme “La vida era eso”

Publicidade ASPADISI

Este venres 21 de xaneiro o Cine Club inicia unha serie de proxeccións dedicadas ao cine español máis recente coa película “La vida era eso”, de David Martín de los Santos, centrada na historia de dúas mulleres de diferentes idades que coinciden nunha habitación dun hospital de Bélxica. Entre elas establécese unha fonda amizade que levará a unha delas a iniciar a vixe de regreso. O filme conta con varias nominacións aos premios Goya, e a súa protagonista, Petra Martínez logrou o premio á mellor actriz no pasado Festival de Sevilla.

Os pases serán no Auditoiro Manuel María do Carballiño, neste caso loxicamente os dous en castelán, ás 20:00 e ás 22:30 horas. 

HIPER MASIDE