Vox denuncia o abandono que sofre a parroquia de Ceboliño e esixe ao Goberno Municipal a tomar medidas para a súa recuperación

Vox denuncia o abandono que sofre a parroquia de Ceboliño e esixe ao Goberno Municipal a tomar medidas para a súa recuperación

Vox Ourense presentou no rexistro do concello un escrito para instar o Goberno Municipal a adoptar medidas en materia de limpeza, mantemento e conservación dos espazos públicos da parroquia de Bo Xesús de Ceboliño.
O presidente do Vox OURENSE, Antonio Pérez, asegura que “Moitos veciños xa optaron por abandonar a zona e trasladarse a outros lugares con mellores servizos e infraestruturas”, porque, ademais de ser unha parroquia abandonada, as súas infraestruturas están desatendidas e obsoletas”.
E é que, tras unha visita co equipo provincial de Vox Ourense á parroquia de Bo Xesus de Ceboliño, o presidente asegurou que “o abandono da zona é tal, que moitas rúas son intransitables polas deficiencias en é asfalto”.
Pérez asegura que “moitos viais son tan estreitos que os veciños non poden acceder en vehículo ás súas vivendas e teñen que aparcar na praza principal; nin sequera poden pasar as ambulancias, un servizo indispensable en situacións de emerxencia”.
“Non podemos permitir que haxa cidadáns de primeira e de segunda categoría e iso é o que están a conseguir os responsables municipais deste Goberno ao abandonar as parroquias do rural”, concluíu Antonio Pérez.

AVANTAR ACTIVIDADES