Manuel Baltar reivindica na asemblea xeral do Eixo Atlántico o “papel central de Ourense” dentro da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

O presidente da Deputación participou na asemblea xeral ordinaria do Eixo Atlántico, celebrada en Santiago de Compostela. Manuel Baltar resalta a importancia da “cooperación” ante un “escenario cheo de oportunidades”

Como presidente do Foro Termal, Manuel Baltar avanza en 2022 un momento clave para o termalismo, “con fitos como o Congreso Mundial” que se celebrará este ano en Ourense e o traballo en rede para reforzar a visibilidade europea deste recurso, “un dos máis importantes que compartimos Galicia e o norte de Portugal”

AVANTAR ACTIVIDADES

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asumiu a presidencia do Eixo Atlántico avanzando liñas prioritarias de traballo coma o municipalismo, a sostenibilidade ou a conectividade

Santiago, 23 de febreiro de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou esta mañá en Santiago de Compostela na asemblea xeral do Eixo Atlántico, que cumpre 30 anos coma sistema urbano da Eurorrexión Galicia-Norte Portugal. “Son tres décadas de cooperación internacional entre as principais entidades públicas de Galicia e o norte de Portugal. Este é un espazo para apostar por Europa, no que a Deputación ten dende fai uns meses un papel protagonista, formando parte do Eixo e presidindo o Foro Termal”.

“Esta é unha nova oportunidade para reivindicar o noso papel, central, nesta eurorrexión e para coñecer proxectos neste escenario, que é un escenario cheo de oportunidades”, sinalou Manuel Baltar. O presidente provincial pondera a importancia da cooperación transfronteriza en aspectos como o termalismo: “Esta é unha das cuestións clave, os proxectos compartidos nunha época como esta, cos fondos Next Generation. E ademais, Ourense é a provincia de España con máis quilómetros de fronteira con outra nación: 219 quilómetros de fronteira con Portugal”. 

Como presidente do Foro Termal, Manuel Baltar destacou durante a asemblea ordinaria a importancia deste recurso de saúde na saída da crise sanitaria derivada da pandemia. “As augas termais e mineiro-medicinais son un motor clave neste contexto: é o momento para manifestar con forza a súa importancia”. O presidente provincial de Ourense avanzou un momento clave para o termalismo neste ano: “En 2022 teremos fitos importantes como o Congreso Mundial de Termalismo -que se celebrará en setembro en Ourense-. Todo impulsado a través do traballo en rede, do que é un exemplo o Eixo Atlántico”. 

Manuel Baltar lembra que o termalismo é “un dos recursos máis importantes que temos en común nestas dúas perspectivas que conformamos a imaxe única do Eixo Atlántico. Así traballamos no Foro Termal, para ser un exemplo de visibilidade do ámbito europeo tamén neste eido”. 

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asume a presidencia do Eixo Atlántico

A asemblea administrativa celebrouse esta mañá no refectorio monumental do Hotel Monumento San Francisco. Nela, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, relevou como presidenta do Eixo Atlántico a Ricardo Rio -presidente da cámara municipal de Braga, a quen se lle recoñeceu o seu traballo “extraordinario”-. Lara Méndez avanzou en Santiago os proxectos a desenrolar durante 2022 polo Eixo Atlántico, baseados en aspectos coma a cohesión social, a sostenibilidade urbana, a innovación, a internacionalización ou o desenrolo económico. 

O acto foi aberto por Xosé Sánchez Bugallo -alcalde de Santiago-, e nel estiveron representantes de 39 diputacións e municipios de Galicia e norte de Portugal, coma Alfredo García -alcalde de O Barco-, Miguel Anxo Lores -alcalde de Pontevedra-, Alberto Varela -alcalde de Vilagarcía e presidente da Fegamp- ou, por parte do Eixo Atlántico, o seu secretario xeral, Xosé Vázquez Mao.