O Novo Cine de Leiro proxecta esta fin de semana o filme “Belfast”

IES CHAMOSO LAMAS

O Novo Cine Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Neste caso ofrecerá o filme de 2021 “Belfast”. Trátase dun relato semiautobiográfico dun neno de 9 anos que, xunto coa súa familia obreira, vive os tumultuosos anos 60 na capital de Irlanda do Norte. O pequeno Buddy crece nun ambiente de loita laboral, cambios culturais, odio interrelixioso e violencia sectaria. Buddy soña cun futuro que o mantén fóra de problemas, pero mentres tanto, atopa consolo na súa paixón polo cine, a moza que lle gusta na súa clase e os seus carismáticos pais e avós.

Poderase ver o sábado e o domingo en tres sesións, ás 16:00 horas, ás 18:15 horas e ás 20:30 horas. E o luns e xoves próximos, ás 20:30 horas.

OZOCOgz Deseño Galego