O Carballiño sobe esta xornada ata os 67 contaxios activos, dous máis ca onte

O concello do Carballiño sobe hoxe dous casos, ata os 67 contaxios activos. San Cristovo de Cea volve a subir nove casos ata os 37 contaxios. Todos os demais concellos presentan cifras baixas. Boborás presenta 14 casos, e -maside 13 contaxios. San Amaro conta con 11 casos, Piñor con 7 e O Irixo con 6. Beariz e Punxín están libres de covid.

A comunidade galega rexistra hoxe 2.154 contaxios novos. O número de casos activos ascenden hoxe ata os 20.984. A ocupación das camas dos hospitais equilíbrase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 24 (-2) están en UCI e 362 (+2) en unidades de hospitalización.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 265 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben hoxe ata os 2.758. En canto á presión hospitalaria, contamos con 55 (+2) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 6 (+1)  na UCI.