O municipio de Piñor incorpora unha Casa do Maior, co nome A Eira

A Eira é a nova casa do maior do concello de Piñor. As casas do maior enmárcanse en Galicia como un dos recursos máis importantes do ámbito social e ca finalidade de ofrecer un punto de encontro e ocio e como oportunidade de socializar para as persoas de máis idade, e sobre todo logo das consecuencias de illamento desta pandemia, algo que se viu máis agravado no rural. Hoxe visitamos esta casa, e falamos con Rosa, a súa creadora.

Nesta casa do maior, as actividades son moi variadas, con posibilidade tamén de facer cousas no exterior. Para poder solicitar unha praza é moi sinxelo, so é necesario acudir ós Servizos Sociais de calquera dos concellos limítrofes.  

AVANTAR ACTIVIDADES

A súa propietaria anima a toda a cidadanía a que se informe sobre este servizo, e que fagan uso del, tan necesario no ámbito rural e máis logo das consecuencias da pandemia.

Pastora é unha das usuarias desta casa do maior. Recomenda a todos este tipo de servicios, polas súas actividades, pola compañía e polo valor social.