Francisco Nixon e Emilio José completan o programa de concertos da VI edición do festival Ukp Day de Ribadavia

O festival, que se celebra o 4 de xuño no Castelo de Ribadavia, acaba de sacar á venta as entradas a un prezo popular de 5€, ofrecendo un desconto do 50% para a xente nova usuaria do Carné Xove e, acceso ao recinto de balde para os menores de 12 anos.


Francisco Nixon, o exlíder da afamada banda dos noventa Australian Blonde, e o
recoñecido artista local Emilio José, que ofrecerá unha sesión DJ especial, pechan un
programa musical que contará tamén coa presenza da canadense Alondra Bentley, o
portugués André Julio Turquesa e os galegos Mallou, Helen & Shanna e Nelson Quinteiro.
Un programa de actuacións que ten como sinal de identidade a exclusividade dos seus
concertos, xa que os artistas adaptan o seu repertorio ao ukelele, ou cavaquinho portugués, ofrecendo así unha experiencia única nun marco incomparable como é o Castelo medieval de Ribadavia.
Ademais dos concertos, durante o festival levaranse a cabo outras actividades
complementarias como os obradoiros infantís, unha serie de intervencións en directo de
ilustración e graffiti, ou un mercado creativo de deseñadoras, entre outras cousas

AVANTAR ACTIVIDADES

Esta edición volve ter no Concello de Ribadavia o seu principal impulsor e promotor.
Ademais, Cervezas Alhambra apoia novamente este evento invitando a saborear as súas
referencias ao compás das mellores propostas musicais. O festival tamén conta coa
colaboración da Xunta de Galicia para difundir as ventaxas do Carné Xove; así como de
Viña Costeira e Compostela Campers.

Enlace con videoclips e info dos artistas:
https://ogatocosmico.wixsite.com/ukp-day/concertos

  • Enlace video resumo edición anterior:
    https://ogatocosmico.wixsite.com/ukp-day/copia-de-inicio
  • Enlace con imaxes dos artistas e do festival para descargar:
    https://www.facebook.com/UkpDay/photos