Comunicado de Prosagap

Publicidade ASPADISI

No Día Internacional da Enfermería que se celebra cada ano en todo o mundo o 12 de maio, aniversario do nacemento de Florence Nightingale, o Consello Internacional de Enfermeras (CIE) conmemora esta importante data co lema “ Enfermería: Una voz para liderar – Invertir en enfermería y respectar los derechos para garantizar la salud global”.

Desgraciadamente na Xerencia da área sanitaria de Ourense, iste lema dista moito da realidade que vivimos día a día, a inversión en enfermería reflexase nunha lista de contratación no que o 40% dos profesionais están dados de baixa.
No que se refire a respetar os dereitos temos que decir que hai un“corte de dereitos”, non se respetan acordos, tómanse decisios unilaterais, un réxime totalmente autoritario, o número de enfermeiras nos servizos non está acorde coas cargas de traballo, desorganización, falta de recursos…etc.

HIPER MASIDE

Dende PROSAGAP solo pedimos que se recoñeza e respete aos profesionais de enfermería para garantizar esa saúde global, e unha vez máis decimos “Grazas compañeiras/os”:
 Por estar sempre dispostos.

 Por antepoñer a vosa vocación sobre a pésima xestión de RRHH do SERGAS.