Ribadavia favorecerá a conciliación con «Avia Verán». O programa educativo e lúdico desenvolverase unha vez máis nos meses de xullo e agosto, agardando que volva ser un éxito de participación como na edición do ano pasado.
O Prazo de inscrición abrirase o martes 7 de xuño e estará aberto ata o vindeiro día 21 de xuño.
O Concello de Ribadavia porá en marcha no verán durante os meses de xullo e agosto o programa de conciliación, educativo e lúdico “Avia Verán”. O obxectivo é facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos veciños e veciñas de Ribadavia durante o verán cando o curso escolar remata.
O programa pretende axudar que os pais e nais poidan conciliar a súa vida laboral coincidindo co final das aulas, ao mesmo tempo que se programan actividades lúdicas e educativas para os nenos e nenas.
O programa Avia Verán vai destinado á nenos e nenas de 3 a 14 anos.
Prazas: 75 para o mes de xullo, e 55 para o mes de agosto.
O horario será de luns a venres en horario de mañá. Este ano mantense o horario de 9h a 14horas, que fora ampliado o ano pasado, e así mesmo mantéñense os mesmos prezos públicos.
As solicitudes presentaranse coma sempre no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia. O programa de conciliación de verán está fixado para os meses de xullo e agosto, e desde o Concello ábrese a posibilidade de iniciar o campamento o día luns 27 de xuño para facilitar a conciliacións tras as vacacións escolares.